Durante os meses de marzo e abril desenvolveremos o Programa DANA: Emprego e Emprendemento en Igualdade. Realizaremos obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.
Cada obradoiro está formado por cinco módulos.
· Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego
· Módulo 2: Motivación e habilidades para o auto emprego
· Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego
· Módulo 4:Formación en competencias básicas para o emprego e o auto emprego
· Módulo 5: Formación en liña para a procura de emprego
Edicións previstas:
EDICIÓN I: Inicio 6 marzo
EDICIÓN II: Inicio 14 abril
Inscríbete a través do enlace pinchando AQUÍ
Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar con nós:
galicia@fundacionmujeres.es
981 29 40 97 / 660 35 58 31
O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo.