Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña

Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña

No mes de outubro pomos en marcha unha nova edición do Curso de Creación de Empresa na Delegación de Galicia, dirixido a emprendedoras cunha idea de negocio e a empresarias interesadas en reformular o seu proxecto.

Esta formación está dirixida a:

  • Emprendedoras que desexan analizar a vibilidade do proxecto antes da súa posta en marcha.
  • Empresarias que queren estudar a viabilidade do seu negocio co obxectivo de melloralo e consolidalo.

A formación ten caracter gratuíto, xa que está financiada pola Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do IRPF, a través da Secretaría Xeral de Igualdade.  Ten unha duración de 120 horas, das cales 35 son obrigatorias e presencias e o resto a través do noso Campus Online.

A metodoloxía de traballo é fundamentalmente práctica, o cal combina a eficacia da formación presencial coa flexibilidade da formación on line.

Ao longo do último trimestre do ano levaremos a cabo diversos obradoiros complementarios sobre áreas concretas que seguro serán de grande interese. Polo momento xa temos programado un para o vindeiro 5 de novembro no que trataremos o tema de falar en público e como mellorar a presentación do noso proxecto.

As datas presenciais do curso son:

  • 8 de outubro: Introdución, Metodoloxías e Ferramentas
  • 15 de outubro: Estudo de Mercado
  • 29 de outubro: Estudo de Mercado II
  • 12 de novembro: Plan de Marketing
  • 19 de novembro: RRHH, Produción e Plan Xurídico
  • 26 de novembro: Plan Económico Financeiro
  • 3 de decembro: Plan Económico Financiero II

Horario: 9.30 – 14.30

Lugar: Centro Cívico Castrillón.

INSCRÍBETE NESTE FORMULARIO.

Porémonos en contacto contigo!

981 29 40 97 / 663 20 25 28
asesoriagalicia@fundacionmujeres.net

As prazas son limitadas!