O programa de Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural atópase xa na recta final. Prácticamente todos os concellos están rematando os seus itinerarios, salvo Carballo, que comeza o próximo 8 de novembro. A día de hoxe podemos destacar a gran acollida e participación que se está a mostrar nos obradoiros, onde se demostra a necesidade deste tipo de encontros entre mulleres que se topan nunha situación de coidados, sobre todo en entornos onde a oferta de actividades é máis restrinxida, como ocorre no rural.
Nestes espazos atopan un lugar onde soltar todas aquelas cargas emocionais que soportan pola situación de coidados na que están ou estiveron inmersas, compartir experiencias, consellos… ademáis de obter ferramentas para poder mellorar pouco a pouco a súa calidade de vida. Trátase sobre todo dun traballo de autocoñecemento e empoderamento, para que sexan conscientes das tensións ás que se enfrentan e así poder protexerse e autocoidarse.
Compartimos con elas un espazo onde se sinten comprendidas e escoitadas, e do que saen un pouquiño máis reconfortadas cada día. Son elas mesmas as que comentan que se trata de obradoiros moi necesarios e que deberían ser máis longos.
Sentímonos moi agradecidas por poder compartir esta experiencia con todas elas, onde nunca deixamos de aprender. E agradecemos tamén.