Ter unha idea de negocio é o primeiro paso para empezar a traballar a posibilidade de levar a cabo un proxecto empresarial e ser Empresaria. Analizar a viabilidade, saber que trámites e onde os hai que facer.
Todo isto é moito mais fácil se coñecemos casos de mulleres que o fixeron antes, que tiveron que dar eses mesmos pasos…e, como lles foi?
En colaboración con Periféricas, pomos á túa disposición a posibilidade de traballar a túa idea de negocio e de escoitar e conversar con mulleres que xa fixeron ese camiño.
PROGRAMA:
- Análise do punto de partida para un proxecto empresarial.
- Mulleres emprendedoras: Referentes de éxito.
Queres facerte preguntas e analizar as respostas? Apúntate neste FORMULARIO
Queres contarnos a túa experiencia como empresaria? Mais información: PERIFÉRICAS
LUGAR: AGORA. Lugar Gramela s/n A Coruña
DIA: Mércores, 30 de outubro de 2019
HORARIO: 9.30 – 13.30
As prazas son limitadas!
Esta actividade está financiada polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social