Cal é a mellor maneira de que a xente resolva as súas diferenzas? Se a discrepancia percíbese como unha circunstancia natural, que contén parte de ameaza, pero tamén parte de oportunidade, buscamos o entendemento e a negociación.
A través de dinámicas participativas e divertidas, debúllase o modelo de negociación de Harward, baseado no principio de teoría de xogos “gaña-gana”. Abordamos o conflito desde unha perspectiva diferente, un modelo “brando coas persoas e rigoroso cos problemas”. Trátase dun paradigma nacido da negociación empresarial e diplomática, pero que se amosa válido para a resolución de discrepancias no ámbito familiar, en particular aquelas que teñen como obxecto negociar a corresponsabilidade dos coidados de persoas dependentes.
Os coidados normalmente recaen sobre unha única persoa, xerando unha sobrecarga física e emocional moi difícil de soportar. Mellorar a calidade de vida e a saúde das persoas coidadoras é un dos obxectivos do Servizo de Atención Integral a Coidadoras de Fundación Mujeres, subvencionado pola Deputación da Coruña. As habilidades de comunicación, o saber poñer límites, a mellora da autoestima, a xestión do tempo e a regulación de conflitos son algúns dos contidos que abordamos nos obradoiros de activación persoal, que en Cambre comezaron o 7 de novembro rematarán o 29 de decembro de 2017.