Marcas da Violencia de Xénero que determinan a vida sexual e reprodutiva das Mulleres

Marcas da Violencia de Xénero que determinan a vida sexual e reprodutiva das Mulleres

No marco do Proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)” cofinanciado pola Xunta Galicia e impulsado por APADEIM e Fundación Mujeres, iniciouse o taller 2 «Violencia de Xénero nas decisións relacionadas á saúde sexual e reprodutiva das mulleres», pertencente ao Módulo I: «Determinantes sociais na Vida Sexual e Reprodutiva das Mulleres».

A metodoloxía utilizada neste taller favorece a reflexión crítica, o que permitiu identificar expresións de control e dominio que limitan a toma de decisións das mulleres no relacionado á súa propia saúde, incrementando os riscos e limitando o seu acceso á atención sexual e reprodutiva dentro ou fóra do fogar.

O traballo desenvolvido coas mulleres participantes no taller exponse desde o enfoque preventivo, tratando de diminuír riscos que favorezan os embarazos non planeados, as infeccións de transmisión sexual (ITS), VIH/SIDA, cancro cervicouterino e de mamas.