Lideresas de occidente participaron na presentación dos mapas de prevención de riscos para as mulleres en San Lorenzo (El Salvador)

Lideresas de occidente participaron na presentación dos mapas de prevención de riscos para as mulleres en San Lorenzo (El Salvador)

No marco das accións realizadas no proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente de El Salvador”, executado por Las Mélidas en colaboración con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, desenvolveuse, ao longo dos últimos meses un traballo grupal coas mulleres das comunidades para a elaboración de mapas,situando as zonas de risco e os tipos de violencia ás que ven expostas.

Os mapas foron presentados de maneira formal ácidadanía, así como ás autoridades correspondentes, neste caso a Policía Nacional Civil (PNC) e a municipalidade de SanLorenzo.

Estes mapas  servirán como ferramentas de prevención xa que, en coordinación coas Asociacións de Desenvolvemento Comunal (ADESCOS), PNC e a municipalidade, articularanse accións para garantir a seguridade e benestar das mulleres.

Durante a presentación aproveitouse para que as persoas representantes da municipalidade asinasen cartas de compromiso para iluminar algúns espazos como veredas, paradas de buses ou pontes, entre outras; poda e mantemento de árbores frondosas e matogueiras propicias para esconderse e á Unidade Municipal de Xénero instoulla para que asesore, refira e acompañe ás mulleres vítimas de violencia baseada en xénero.

Pola súa banda, a PNC de San Lorenzo tamén asinou os seus compromisos, entre os que se destaca activar o Protocolo de Atención a mulleres, adolescentes e nenas vítimas de violencia. Ademais deberá brindar servizos especializados ás mulleres que soliciten atención de acordo ás funcións da Lei Especial Integral parea unha Vida Libre de Violencia para as Mulleres(LEIV). Así mesmo, comprometéronse a ter maior presenza nas zonas identificadas de maior risco e implementar o protocolo de atención a mulleres vítimas de violencia cando reciban a denuncia.