Lánzase a campaña “Non te perdas” en coordinación coa Policía Nacional Civil de El Salvador

Lánzase a campaña “Non te perdas” en coordinación coa Policía Nacional Civil de El Salvador

No mes de setembro realizouse o lanzamento da campaña “Non te perdas” no marco do proxecto “Contribuíndo ao empoderamento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

A preparación da campaña realizouse de maneira coordinada con axentes, mulleres e homes, da PNC e lideresas comunitarias. Para iso realizáronse talleres e reunións de face a coñeceras problemáticas ás que se enfrontan, tanto o persoal da PNC a nivel interno para brindar a atención como as usuarias ao momento de solicitala.

A presentación desta campaña realizouse ante as xefaturas da policía en Santa Ana e en Sonsonate, en eventos separados. En ambas as presentacións pareceulles interesante a metodoloxía que se empregou para chegar aos produtos finais.  Desde a Xefatura da PNC deuse por recibida a campaña e reiteraron o seu compromiso co traballo en prevención da violencia contra as mulleres e as melloras a realizar na atención a usuarias.

Os produtos desta campaña resúmense en tres carteis, un a nivel interno, que reflicte algunhas das situacións que viven as e os axentes da PNC e os outros dous, que teñen que ver coa atención adecuada ás usuarias.

Ademais coordináronse accións en centros escolares de ambos os municipios, nas que as e os axentes policiais desenvolverán charlas relacionadas coa prevención da violencia e aos dereitos sexuais e reprodutivos, como parte da sensibilización do persoal da policía con este tema.