Ao redor de 80 adolescentes, mozas e mozos, foron formados sobre Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos (DSDR) por parte da PNC. Os talleres formativos desenvolvéronse no Centro Escolar Manuel Moedeiro e o Instituto Nacional de Santa Ana (INSA) dese municipio, no Centro Educativo República de Haití de Sonsonate e o Complexo Educativo Salomón David González en Izalco.
As e os axentes de Santa Ana e Sonsonate desenvolveron os talleres segundo a metodoloxía facilitada previamente polas Mélidas. A formación, que se desenvolveu no catro centros educativos antes mencionados, realizouse co alumnado do terceiro ciclo.
Algunhas das persoas participantes recoñeceron os avances no tema dos dereitos sexuais e reprodutivos en xente nova, ademais de opinar nalgúns puntos no desenvolvemento da capacitación.
O persoal implicado da PNC comentou que a experiencia fora satisfactoria e que, aínda que a temática non é a habitual logrouse que o alumnado se interesase polo exposto, desenvolvendo a xornada de acordo á metodoloxía exposta. A participación do alumnado durante as sesións foi moi activa, mostrando atención e interese no tema.
Estas sesións formativas forman parte da campaña de sensibilización “Non te perdas” levada a cabo no marco do proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador«, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.