Na semana do 15 ao 22 de febreiro desenvolvéronse os primeiros talleres sobre o tema de prevención de cancro de mama, enmarcados nas actividades do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres.
Durante esta actividade as mulleres compartiron os seus medos, dúbidas e sentimentos xerados polo tema. Nas comunidades detectamos que as mulleres tiveron perdas moi dolorosas a causa do cancro de mama, -«perdín á miña nai e unha irmá».
As mulleres, mostraron sumo interese polo tema e durante a sesión, realizamos exercicios para realizar o auto exame de mama, exame vital para a detección temperá de cancro de mama, compartindo o tres palabras calves para non esquecer: Observa, Toca e Busca. As mulleres mostráronse contentas e motivadas por continuar o proceso do seu autocuidado e comprometéronse en realizar o seu autoexploración de mama cada mes.
Segundo a organización Movemento Contra o Cancro, MOVICANCER, anualmente en Nicaragua, preto de 1.000 mulleres son diagnosticadas con Cancro de mama. Nos últimos 5 anos, unhas 4.700 mulleres foron diagnosticadas en estadios avanzados da enfermidade. De aí a importancia de informar e formalas sobre o tema e reforzar a necesidade de que se realicen o auto exploración e recoñecementos de saúde.