Durante a súa estancia en Ecuador, a representante de Fundación Mujeres aproveitou os seus primeiros días en Quito para manter diversas reunións tanto coa Directiva de Fundación Humana Pueblo a Pueblo – Ecuador (FHPPE), con o consultor do plan de comercialización como co equipo contratado para brindar acompañamento e formación aos homes prolductores en materia de igualdade. Así mesmo dedicou parte da súa estancia para realizar o seguimento económico do proxecto, conxuntamente coa compañeira de FHPPE, Patricia Ayala.
Posteriormente trasladouse a Quisapincha, acompañada pola responsable local do proxecto Paula Galofre e o Director de proxectos Bjarne Hjorth, onde se mantiveron varias reunións crave con actores locais: GAD parroquial de Pila huín (goberno autónomo descentralizado), o Alcalde de Ambato, así como o GAD parroquial de Quisapincha. A finalidade destas reunións era animar a que estes organismos poidan colaborar e contribuír, económica e tecnicamente, á execución do proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, executado por FHPPE e Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, xerándose así condicións que permitan ir asentando as bases dunha intervención sustentable a futuro.
FHPPE aproveitou a visita de Rocío Hernández para que, durante a mesma, puidese reforzar e fortalecer ao equipo local en aspectos vinculados coa xestión e monitoreo do ciclo de proxectos, así como formar á poboación integrante da Asociación Ckaturanti Shinak (Comercio Xusto), a quen impartiu un Taller de Formación básica en xénero.