Fundación Mujeres participa na Feira do Día Internacional da Muller Rural

Fundación Mujeres participa na Feira do Día Internacional da Muller Rural

O pasado domingo 13 de outubro tivo lugar a Feira con Motivo do Día Internacional da Muller Rural en Celas de Peiro en Culleredo, Concello que colabora en varios proxectos coa Fundación Mujeres.

Durante todo o día se mostraron proxectos xestionados por mulleres da bisbarra: A Castrexa; As Camposeiras; Cholita de Corme; Eco e Natural; Floradeira; Libraría Entrecontos; Libraría Piedra, Papel, Tijera, entre outras emprendedoras.

A feira tamén contou coa presenza dunha monologuista e actuacións de diversas agrupacións de folk tradicional.

Ao stand da Fundación Mujeres achegouse bastante xente para coñecer de primeira man os servizos da entidade.