O obxectivo do programa é o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade; para acadalo ofrecemos formación, asesoramento e orientación laboral para a procura de emprego, incluído o emprego por conta propia, no marco do Programa DANA, co financiamento Fondo Social Europeo – Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social (POISES)
Cada vez mais precisamos mellorar as nosas habilidades á hora de buscar traballo, por exemplo:
· Como afrontar unha entrevista de traballo?
· Como facer que as miñas redes sociais me axuden a buscar emprego?
· Teño unha idea de negocio, como podo darlle forma?
¿Queres darlle resposta a estas preguntas?
Non o dubides!
Se estás interesada Reserva a túa praza!
Centro de Servizos Sociais
Persoa de Contacto: Marisa Vázquez
Teléfono: 981 791 252 Ext. 3 Prazo de inscrición: 14 a 31 de maio