Fundación Mujeres, en colaboración coa Asociación Albores, arranca un ciclo obradoiros de activación persoal e social cun grupo de coidadoras de Monforte de Lemos

Fundación Mujeres, en colaboración coa Asociación Albores, arranca un ciclo obradoiros de activación persoal e social cun grupo de coidadoras de Monforte de Lemos

Grazas ao Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Fundación Mujeres impartirá un ciclo de 7 obradoiros dirixidos ás mulleres coidadoras da Asociación Albores. Nos mesmos abórdaranse aspectos clave entorno a saúde e autocoidado das coidadoras, a relaxación e a conciencia corporal, a xestión do tempo, a corresponsabilidade e o establecemento de límites nas relacións familiares entorno aos coidados, entre outros.

Os obradoiros que comezaron o xoves 6 de maio, e estenderanse ata o 17 de xuño, realizaranse de xeito presencial cada xoves nas instalacións da Escola Infantil San Vicente de Paul e en horario de mañá de 11 a 1 horas.

As participantes son 15 mulleres das que mostraron unha gran acollida cara o proxecto polo que, ambas entidades prevén organizar máis iniciativas deste tipo tras o verán.