A xornada comezou ás 11:00 da mañá do martes 12 de marzo no salón de graos da Facultade de Socioloxía donde a decana, Raquel Martínez Buján, doulles a benvida ás usuarias de Cuidadanas e o resto dos asistentes que acudiron ó acto. María Hervada fixo o propio representando a Fundación Mujeres e Gabriela Amor, autora do documental, presentou dita obra ante as usuarias e varias alumnas do Grao.
O documental busca arroxar luz sobre o papel das mulleres, na transmisión de valores e nos cambios que se producen dunha xeración a outra. Consta do intercambio de ideas e experiencias entre tres xeracións de mulleres (avoa, nai e filla), tres mundos, tres vidas cas súas coincidencias e as súas discrepancias e que permite somerxerse nesa realidade multiforme e cambiante do que significa ser muller.
Logo da visualización da obra pasouse a ter un debate a modo de coloquio sobre os diferentes temas expostos no vídeo, onde as usuarias participaron e intercambiaron opinións e ideas entre elas, co alumnado do Grao, con Gabriela e tamén coa decana.
Agradecemos á Facultade de Socioloxía pola difusión da actividade e pola cesión do espazo para levala a cabo.