Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras (SAIC) en Galicia

Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras (SAIC) en Galicia

Fundación Mujeres, co apoio financeiro da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% del IRPF, continua un ano máis co Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, un proxecto que nos permite mellorar e favorecer a saúde e a calidade de vida das coidadoras de familiares con diversidade funcional, fomentando a súa participación en actividades de autocoidado e de participación social, así como o exercicio dunha cidadanía activa.

O acompañamento e a formación que se ofrece en materia de autocoidado, habilidades de comunicación, corresponsabilidade e xestión do tempo, entre outras, pretende que as mulleres poidan exercer os labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras, fomentando, deste xeito, o seu empoderamento persoal durante toda a intervención.  Ademais, mediante as actividades grupais nas que participan, se reforzan as relación sociais a través da interacción con mulleres que están ou estiveron na mesma situación.

Este ano incorporamos una novidade ampliando o noso ámbito de intervención a tres das provincias da comunidade autónoma de Galicia: A Coruña, Lugo e Pontevedra, podendo así chegar e dar unha atención de calidade a mais mulleres coidadoras que están nunha situación de especial vulnerabilidade, froito das propias características e consecuencias que teñen os coidados, moito mais se cabe este ano a raíz da situación de crise sanitaria que estamos a vivir.

Se es cuidadora, excuidadora, ou potencial cuidadora e queres participar nas nosas actividades, chama ao 981 29 40 97 (Extensión 6001) ou envía un correo eletrónico a saicgalicia@fundacionmujeres.es e te informaremos.

¡Anímate e participa con nos!