O obxectivo do programa é o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade; para acadalo ofrecemos formación, asesoramento e orientación laboral para a procura de emprego, incluído o emprego por conta propia. No marco do Programa DANA. Co financiamento do Fondo Social Europeo – Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social (POISES)
Cada vez mais precisamos mellorar as nosas habilidades á hora de buscar traballo, por exemplo:
- Como afrontar unha entrevista de traballo?
- Como facer que as túas redes sociais che axuden a buscar emprego?
- Como optimizar os teus recursos profesionais e mellorar as túas competencias dixitais?
Tamén traballaremos outro xeito de chegar ao emprego: O emprendemento!
- Algunha vez pensache en ter o teu propio negocio?
- Tes unha idea que queres explorar? Como podes darlle forma?
- Nunca o pensaches, pero ves que pode ser unha vía?
Podes consultar o programa desta formación AQUÍ.