No mes de maio impartiuse un taller con lideresas das zonas de intervención de Las Mélidas, para informar e capacitar sobre a temática da diversidade sexual. O taller realizouse co obxectivo de fortalecer o movemento asociativo de mulleres para a incidencia política en materia de Dereitos Sexuais e Reproductivos. Ademais, profundizouse no respeto cara o colectivo LGTBI co fin de xerar unha proposta creativa para loitar pola súa dignidade e respeto.
Durante o proceso abordaronse temas como Que é a diversidade sexual?, orientación do desexo, tipos de identidade sexual, pirámide do poder e heteronormalidade, entre outros.
Houbo unha resposta moi positiva ao contido por parte das lideresas, quen expresaron que grazas a este proceso poideron desmontar alguns mitos e estereotipos arraigados en relación á comunidade. Asimismo, mostraron certa preocupación relativa ao trato correcto que deben e queren dar ás personas do colectivo LGTBI. Nese sentido, fixose énfase en que o respeto é o eixo sobre o que deben xirar todas as relacións humanas.“Foi unha capacitación diferente, que nos permitiu ver outra realidade, alonxada dos mitos ou do coñecemento popular”, expresaron as lideresas na evaluación.
Esta formación incluese dentro do proceso formativo en dereitos sexuais e reproductivos e participación política das mulleres enmarcado no proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara o cumprimento dos dereitos sexuais e reproductivos e de unha libre de violencia” , executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e co apoio financiero da Xunta de Galicia.