Apúntate na edición que mellor se axusta ás túas necesidades horarias.
Haberá dúas edicións de mañá e unha de tarde.
O obxectivo é traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.
A formación consta de cinco módulos, nos que traballaremos:
· Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego
· Módulo 2: Motivación e habilidades para o auto emprego
· Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego
· Módulo 4:Formación en competencias básicas para o emprego e o auto emprego
· Módulo 5: Formación en liña para a procura de emprego
Inscríbete a través do enlace pinchando AQUÍ
Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar con nós:
galicia@fundacionmujeres.es
981 29 40 97 / 660 35 58 31.
O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo.