Os homes das comunidades rurais beneficiarias do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase I” cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, participaron no Encontro intercomunitario “Os homes e a Paternidade” en El Viejo, Nicaragua.
Segundo os comentarios dos participantes ao final da actividade, alcanzouse o obxectivo de visibilizar a responsabilidade paterna nas tarefas domésticas e reprodutivas, así como no coidado da súa propia saúde sexual e reprodutiva, pois tal e como eles expoñen «non é o común, porque aos homes ensínaselles que a súa función é levar o diñeiro á casa».
Destacar a valoración positiva dos homes sobre a temática abordada xa que, segundo manifestan, é unha oportunidade de mellorar a relación na familia e a parella, admitindo que en moitas ocasións non se cumpriu coas diferentes responsabilidades paternas como a afectividad, coidado e saúde, por considerarse que corresponden á nai.
Ademais, os homes identifican a importancia de continuar participando en procesos onde poidan aprender como levalo á práctica e agradecen a oportunidade de participar no proxecto. Un deles dixo “yo me siento agradecido porque desde que entré al proyecto solo cosas buenas nos enseñan, claro que cuesta cambiar porque uno es machista; pero tenemos que esforzarnos….a mí me sirve todo esto”.