Fundación Mujeres, en colaboración co Concello de Cuntis, impartiu un itinerario formativo coa finalidade de que as mulleres coidadoras adquiran certo grado de autonomía e alcanzar a implicación do entorno nas labores de coidado fortalecendo a corresponsabilidade familiar e social de todas as persoas, especialmente da coidadora principal.
Os talleres formativos tiveron lugar no Centro Sociocultural Patelas de Cuntis dende abril ata xuño. Contamos coa participación dun total de 7 mulleres residentes de esta localidade e que son ou foron coidadoras de persoas dependentes.
Durante as sesións se traballaron desde diferentes perspectivas estratexias para afrontar e resolver situacións de conflitos, os diferentes estilos de comunicación, así como ferramentas sobre como mellorar a autoestima, poñer límites e aprender a dicir que non. Nestes talleres as mulleres mostraron o seu interese e agradecemento ante as temáticas impartidas a través da participación e a solicitude da posta en marcha de novos talleres.
Desde Fundación Mujeres gustaríanos agradecer tanto ao concello de Cuntis coma as mulleres participantes por facer posible a posta en marcha destas sesións.
Este proxecto enmárcase no Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
Se estás interesada en coñecer todas as actividades deste Servizo contacta con nós no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006)