O longo dos meses de outubro, novembro e decembro, no marco do proxecto Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio rural (2016), se levaron a cabo diversos talleres para promover o desenvolvemento persoal e social das coidadoras de sete concellos da provincia da Coruña: Culleredo, Cambre, Bergondo, Abengondo, Betanzos, Sada e Carral.
Os temas tratados nas sesións estaban enfocados a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras:
- Aprendendo a demandar apoio de xeito eficaz.
- Fomentando o bo manexo das emocións e hábitos de vida saudables.
- Promovendo o reforzo das relacións sociais a través da interacción con mulleres na mesma situación.
A duración total foi de 160 horas de formación cunha periodicidade semanal. Ademais dos talleres leváronse a cabo dous espazos de participación onde se trataron os seguintes temas: Movilización e transferencia de persoas con dependencia ou movilidade reducida e Risoterapia.
Tal e como se reflexa nas súas valoracións, o total das usuarias mostráronse moi satisfeitas coa impartición dos talleres. Polo tanto podemos ver que se conseguiron cumplir as expectativas e os obxectivos marcados coa implementación do programa SAIC Rural nos devanditos concellos. Ao final da intervención as participantes cubriron unha enquisa de valoración dos talleres. Algunhas das opinión recollidas no apartado “Este taller serviume para… deime conta de…” foron:
- “Valorarme máis e intentar saber defender os meus dereitos”.
- “Coñecerme millor, compartir con outras persoas”.
- “A importancia de compartir experiencias e ver que hai outras formas de afrontar os problemas”.
- “Para ter máis seguridade en min mesma”.
- “Aprender a crecer como persoa e como coidadora”.
- “Aprender moito doutras mulleres e das súas experiencias”
- “Pensar en nós mesmas ademáis de na xente a quen coidamos”
Valorase moi positivamente a cohesión grupal xenerada a través dos talleres, onde se traballou a cociencia de “coidadoras” como unha situación determinada polos estereotipos e roles de xénero, pero tamén dende a cal elas mesmas poden comezar a cambiar a súa vida.
Gostariamos dar as gracias as mulleres pola súa participación e ós Concellos participantes pola súa colaboración co proxecto.