Grazas a colaboración coa asociación ALBORES, e a través do Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social, dende o 6 de maio ata o 17 de xuño as mulleres coidadoras de familiares con trastorno mental tiveron a oportunidade de participar nun itinerario formativo, impartido pola Fundación Mujeres, para mellorar a súa activación persoal e social, traballando e reflexionando sobre temáticas como a saúde e o autocoidado, a xestión do tempo ou a corresponsabilidade, entre outras, en sesións de dúas horas tódolos xoves de 11h a 13h.
As asistentes quedaron moi satisfeitas cos contidos abordados durante as sesións a tenor dos resultados das enquisas de avaliación e demandaron unha maior duración dos mesmos ou traballar outras temáticas despois do verán para acadar maiores cotas de empoderamento e mellorar a súa calidade de vida.
Agradecemos tanto ao persoal de ALBORES pola disposición para facelo posible como á Dirección da Escola Infantil “San Vicente Paul” pola cesión do espazo para poder levalo a cabo coas medidas de seguridade e hixiene precisas.