Feira Municipal con motivo do Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, El Viejo (Nicaragua)

Feira Municipal con motivo do Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, El Viejo (Nicaragua)

No marco do proxecto “Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e a Fundación Mujeres, terá lugar o Xoves 26 de Maio de 2016 en el Viejo (Nicaragua), a Feira Municipal polo Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres.

Para a realización da devandita Feira realizáronse previamente sesións de planificación do equipo de APADEIM para o deseño de materiais educativos, xornadas de difusión entre as diferentes comunidades, visitas a medios de comunicación local (entrevistas en radio e televisión).

É importante resaltar os esforzos de articulación con outras institucións locais e estatais vinculadas coa temática a abordar (Ministerio de Salud, Ministerio de Educación, Alcaldía Municipal, Policía, Fundación Amigos de Holanda, Casa de la Mujer, Profamilia, Asodel, Movimiento de Mujeres de Chinandega).

Durante a Feira Municipal serán abordados os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres desde unha perspectiva educativa, informativa e baixo un enfoque de dereitos humanos.

A actividade contará coa asistencia de 100 mulleres e 100 homes pertencentes a 10 comunidades de El Viejo, así como con outras organizacións locais, institucións estatais e cidadanía en xeral.