O pasado sábado 22 de febreiro, Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador participou, xunto co GAD Parroquial de Quisapincha, na Feira de Emprendimiento agropecuario, artesanal e turístico que tivo lugar na Praza Central de Quisapincha. Representantes da entidade asistiron acompañando a varias asociacións que participan no marco dos diferentes proxectos de cooperación que se están levando a cabo, entre eles o financiado pola Xunta de Galicia e que executan en colaboración Fundación Mujeres desde o pasado mes de xullo de 2019 «Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua«.
Ao comezo da feira apoiouse ás asociacións no arranxo das casetas e a colocación dos produtos que tiñan preparados:
- Elaboración de galletas con marmelada de uvillas.
- Chocolates con centro líquido de marmelada de uvillas.
- Petiscos de uvillas bañados en chocolate.
- Prato típico de papas con cuy e salsa de maní.
- Hortalizas e legumes producidos a base de BPA con fertilizantes orgánicos.
Posteriormente, tamén levou a cabo un concurso que permitiu aos produtores/as mostrar o coidado tecnificado que reciben os seus animalitos, neste caso o cuy (proxecto financiado pola AEXCID), tendo en conta as seguintes cuestións a valorar:
- Tamaño
- Peso
- Calidade da pelame
- Tipo de alimentación
Durante a duración da feira, responsables da organización e o xurado calificador pasaron por cada un das casetas valorando a presentación e organización que tiñan, se cumprían ou non cos requisitos e se presentaban material visual, así como se estaba ordenado e limpo o sitio onde se desenvolvía as actividades.
Queremos agradecer ao GAD Parroquial a organización deste tipo de eventos, permitíndonos visibilizar o traballo que se está realizando coas mulleres produtoras das asociacións participantes nos proxectos de produción agroecológica que se están executando actualmente en Quisapincha.