A necesidade de convencer, e ademais en pouco tempo, expoñer o noso proxecto a unha posible empresa provedora ou clienta, a un banco, etc. fai que cada vez sexa mais necesario ter claro cal é o noso discurso, o noso lema. Con que atraemos ao público? Como captamos a súa atención e o seu interese? E por último, como conseguimos unha entrevista en profundidade?
No mes de decembro celebraremos o XX Encontro de Emprendedoras e Empresarias e, se es empresaria, poderás dispor do MINUTO DE OURO, e se es alumna do noso curso de Creación de Empresa poderás dispoñer de cinco minutos para expoñer o teu proxecto.
Todo isto e mais! poderás preparalo no obradoiro totalmente práctico, dirixido a empresarias e emprendedoras cunha idea de negocio.
LUGAR: ACCEDE PAPAGAIO
DIA: Martes, 5 de novembro de 2019
HORARIO: 9.30 – 13.30
As prazas son limitadas! Apúntate neste FORMULARIO
Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do I.R.P.F. Por solidariedade outros fins de interese social.