“Ergonomía, mobilizacións e hixiene postural” para a mobilización de persoas dependentes en Abegondo

"Ergonomía, mobilizacións e hixiene postural” para a mobilización de persoas dependentes en Abegondo

A colaboración entre SATSE Galicia e a Fundación Mujeres tivo como resultado a celebración do taller de “Ergonomía, mobilizacións e hixiene postural” para a mobilización de persoas dependentes encamadas impartido polas enfermeiras e delegadas de SATSE en Coruña, Ana López e Mariña Souto, que ofreceron as liñas básicas para a atención e mobilización de persoas ao coidado para as usuarias do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural. O obxectivo destes talleres non é outro que o ofrecer ferramentas para mellorar as capacidades destas mulleres con dependentes ao seu cargo. “As coidadoras necesitan coñecementos para protexer a súa saúde, e así poder facer o seu traballo co menor impacto posible sobre a súa saúde”, explican desde o Sindicato de Enfermería.

No obradoiro, ademáis de ensinar técnicas básicas de mobilización, tamén se incide en evitar posturas incorrectas á hora de desenvolver tarefas tan básicas como sentar, cargar pesos, fregar, etc.,  co obxectivo de coidar así as nosas costas e evitar futuras lesións.

As dores e lesións músculo-esqueléticas (hernias, tendinite, contraturas, etc), son moeda común entre as coidadoras de dependentes, consecuencia da sobrecarga física que soportan a cotío. Mellorar a súa calidade de vida e fomentar seu autocoidado, e impulsar a súa activación persoal sempre no obxectivo principal do programa.

“Ergonomía, mobilizacións e hixiene postural” para a mobilización de persoas dependentes en Abegondo

“Ergonomía, mobilizacións e hixiene postural” para a mobilización de persoas dependentes en Abegondo