O sector da agricultura mantén activas as súas actividades de produción durante a emerxencia sanitaria que vive o país. Por iso mesmo, o equipo técnico de Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador, no marco do proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, financiado pola Xunta de Galicia e en coordinación con Fundación Mujeres, realizou nestes días a entrega de 200 plántulas de uvilla ás agricultoras e agricultores que culminaron o primeiro proceso de capacitacións en BPAs (Boas Prácticas Ambientais).
Mediante este proceso, as técnicas das medidas de bioseguridad avalían o coñecemento de cada agricultor/a mediante a posta en práctica de :
1.A elaboración de abono orgánico – compost.
2.Preparación do terreo
3.Trazado e rastrado do terreo.
4.Elaboración de hoyado, profundidade e desinfección.
Tendo en conta o toque de queda que inicia desde as 2 do mediodía ata as 5 da madrugada. e confirmando co agricultor ou agricultora os avances nas súas parcelas, establécesen as datas e horarios de visita aos seus terreos. Unha vez avaliados polo menos 15 terreos, se procede coa entrega de plantas de uvilla, desta maneira aseguramos que non se formen aglomeraciones de persoas e a entrega personalizada, mantendo así as recomendacions sanitarias.