No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, desenvolveuse un Encontro Intercomunitario onde se abordou o tema da «Toma de decisións pola miña Saúde Sexual e Saúde Reprodutiva».
O encontro contou coa presenza de novas mulleres que se incorporaron ao proxecto e tiña como obxectivo fortalecer elementos conceptuais sobre a abordaxe da saúde sexual e reprodutiva con enfoque de Xénero e Dereitos.
A xornada iniciouse con dinámicas de presentación e integración do grupo, fomentando un ambiente de confianza que permitise que as participantes se sentisen cómodas e puidesen compartir as súas experiencias. Mostráronse vídeos sobre saúde sexual e reprodutiva e, en grupos de traballo, abordáronse diferentes temáticas relacionadas coa materia.
Nesta sesión reflexionouse principalmente sobre o dereito das mulleres a tomar as súas propias decisións: cantos fillos ter, que métodos de planificación familiar usar, ter ou non ter relacións sexuais, o goce das relacións sexuais e que ningún goberno ou a mesma parella pode decidir por nós.
A continuación mostramos algunhas das opinións e reflexións que as mulleres puxeron de manifesto nas súas valoracións:
“Nosotras hemos desconocido eso de los derechos humanos, hemos vivido sometidas a lo que nos dicen”
“El aprender a decidir es importante”
“Yo quisiera que mi hija tenga una vida diferente por eso yo le insisto en que estudie, que no me vaya a depender de un hombre para que no sufra”
“A veces la vida no nos da lo que esperábamos y nos convertimos en quienes no queríamos ser”
“Las mujeres unidas y sin criticarnos haríamos mucho más”