No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, o 21 de Novembro de 2015 tivo lugar o encontro intercomunitario «Os homes e a paternidade», coa participación de 60 homes das 10 comunidades rurais de Eñ Viejo que forman parte do proxecto.
O tema central do encontro, «Os homes e a paternidade», abordouse co obxectivo de contribuír á deconstrucción do concepto tradicional do día do pai no ámbito público como xefe de familia, dando lugar á reflexión sobre a importancia da corresponsabilidade nas tarefas domésticas e reprodutivas, así como os coidados respecto da súa saúde sexual e reprodutiva.
Un aspecto importante foi que os homes identificaron que a responsabilidade paterna non se limita ao cumprimento do rol de provedor material, senón tamén aos coidados e obrigacións diarias. Por outra banda, o día do pai visibilizouse como un bo momento para a realización de cambios persoais baseados no respecto e a non violencia.