Co Servicio de Apoio Integral a persoas Coidadoras no medio rural, da Fundación Mujeres, cofinanciado pola Diputación da Coruña, poidemos traballar ao longo de tres semanas os distintos problemas que se poden detectar na vida das mulleres coidadoras.
Un dos problemas mais acusados é a falta dun sono conciliador co que se poidan repoñer as forzas para afrontar as tarefas do día a día e recuperar esas forzas gastadas.
Tamén destacamos o cansancio físico e mental, polo esforzo do corpo e pola tristeza que van acumulando ao deixar de lado a súa vida persoal, os seus obxectivos de vida e as súas ilusións.
A medida que pasaban os días as usuarias ian participando con máis liberdade expoñendo as súas vivenzas e elas mesmas íanse facendo conscientes da súa situación como coidadoras e do seu abandono persoal.
Pouco a pouco estanse sentindo apoiadas, escoitadas e comprendidas, cousas necesarias para ires recuperando a súa seguridade e confianza.
Continuamos a traballar nestes tres concellos coruñeses.