O equipo técnico de Fundación Humana Pueblo a Pueblo-Ecuador en coordinación coas agricultoras, realizou a entrega de 2 kits de plántulas e sementes de hortalizas e 1 kit de ferramentas a través das sinerxías creadas entre o proxecto «Contribuíndo á eliminación da violencia de xénero con prácticas produtivas sustentables que desfeminizan a pobreza» auspiciado pola Embaixada de Australia, e o Proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha. Tungurahua-Ecuador”, levado a cabo en colaboración con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia. Estes kits servirán para ser utilizadas na diversificación dos cultivos e plantación de Uvilla.
Un requirimento das BPAS (Boas PrácticasAgrícolas) é xerar prácticas que diminúan o desgaste dos nutrientes do chan por monocultivos e á súa vez conducir ás agricultoras a unha seguridade alimentaria e crédito económico coa venda dos excedentes producidos. Por esta razón, os kits de hortalizas entréganse de maneira progresiva para evitar a sobreproducción e fomentar o autoconsumo.
Ao redor de 16 agricultores e agricultoras iniciaron xa a colleita das primeiras hortalizas e prevese comercializar un 50% nas diferentes feiras do cantón Ambato.