Datos sobre violencia de xénero de maio a xuño en El Viejo (Nicaragua)

Datos sobre violencia de xénero de maio a xuño en El Viejo (Nicaragua)

O Observatorio de violencia de xénero e saúde sexual e reprodutiva, que está a funcionar no marco do proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)» cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, recolleu, durante os meses de maio e xuño de 2015, información sobre dez delitos ocorridos en polo menos seis comunidades rurais.

Segue sendo alarmante o abuso de poder exercido por homes cara ás mulleres e con maior énfase en menores de idade. Do dez casos de violencia, nas súas diferentes manifestacións, ocorridas nas comunidades, seis foron cometidos cara a menores de idade (entre 5 e 19 anos).

Respecto dos agresores, tres foron detidos, dous déronse á fuga e un deles suicidouse. Nos outros tres casos, as vítimas non presentaron denuncia, polo que non foron rexistrados en cifras oficiais.

Por outra banda, desde o observatorio, continúase realizando a investigación e análise sobre datos relacionados coa saúde sexual e reprodutiva das mulleres, recollendo a información proveniente do Ministerio de saúde de El Viejo e as colaboradoras voluntarias das 10 comunidades de intervención deste proxecto. Coa información recompilada realizarase a análise, entre outras cousas, sobre: porcentaxe de embarazos en adolescentes, número de mulleres con embarazos non planificados e os métodos de planificación ofertados polo Sistema de Saúde Publica.