Fundación Mujeres abre hoxe o prazo de inscrición para a I edición do curso “A mocidade da Coruña como axente de prevención da violencia da xénero” que se desenvolverá entre o 3 e o 22 de decembro de 2020. Trátase dunha actividade formativa financiada polo Concello da Coruña.
Posto que as prazas para a realización do curso son limitadas, cun total de 55, o prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de decembro ou fin das prazas dispoñibles.
O curso, de 20 horas de duración, é de balde e online. Diríxese principalmente a rapazada de 13 a 17 anos residentes na Coruña. Tamén poden participar persoas maiores de idade con vínculos á Comunidade Educativa, que interveñan con adolescencia e mocidade.
O curso, que será impartido íntegramente en galego, consta de cinco módulos:
MÓDULO 1 Violencia de xénero na Mocidade
MÓDULO 2 Mocidade, violencia de xénero e pantallas
MÓDULO 3 Mocidade, violencia de xénero e música
MÓDULO 4 Violencia de xénero e desigualdade nos espazos de lecer
MÓDULO 5 Estratexias para a prevención da violencia de xénero na mocidade
Para realizar o curso é necesaria facer unha pre-inscrición que se pode atopar dispoñible na seguinte ligazón. Aquelas persoas que obteñan praza, recibirán un correo de admisión coas instrucións de acceso á plataforma. Queremos que participes!
Certificado por Fundación Mujeres, o curso realízase na súa totalidade a través da Plataforma de Formación Online de Fundación Mujeres.
Agardámoste!