Cuidadanas volve ao rural galego

Cuidadanas volve ao rural galego

Como xa adiantamos hai unhas semanas, iniciáronse as actividades de Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural grazas a unha subvención da Deputación de Coruña. En outubro retomamos cunha calorosa acollida o traballo en cinco municipios da provincia coruñesa: Cambre, Bergondo, Abegondo, Betanzos e Culleredo; comezando tamén en novos lugares como Sada e Carral. Ao longo destes meses e ata decembro traballaremos cunha variedade de propostas formativas relacionadas co benestar físico e emocional das mulleres con persoas dependentes ao seu cargo.

Xa comezamos co taller de «Saúde e autocuidado» en Sada máis Carral e no resto co taller de «Autoestima». Traballaremos pouco a pouco habilidades que lles permitan coñecer de primeira man a repercusión do rol de coidadoras no seu estado de saúde, co obxectivo de proporcionarlles ferramentas para mellorar a súa vida diaria dun xeito integral. Ademais, reforzarase todo iso coa realización de Espazos de Participación onde traballaremos diversas técnicas de relaxación e respiración máis charlas informativas polos municipios.

Esta ampliación de municipios supón un afianzamento e recoñocemento das actividades expostas por Fundación Mujeres para o apoio  ás mulleres coidadoras no Medio Rural galego, onde a rede de servizos non é tan accesible como na área urbana e a invisibilización dos traballos de coidados das mulleres é máis evidente.

Cuidadanas volve ao rural galego

Cuidadanas volve ao rural galego