A mediados do mes de setembro, Fundación Humana Pueblo a Pueblo-Ecuador (FHPPE) realizou a entrega de materiais para 7 asociacións beneficiarias dos proxectos que está a levar a cabo na Parroquia de Quisapincha, entre eles o executado en coordinación con Fundación Mujeres e financiado pola Xunta de Galicia, “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da parroquia de Quisapincha, Tungurahua”.
Este evento desenvólvese no marco de cooperación interinstitucional entre FHPPE e o GAD Parroquial de Quisapincha desde onde, despois de varias xestións, acordaron doar 33 rolos de arame galvanizado para o proxecto de uvilla e medicamento veterinario para o proxecto do cuy, apoio valorado en 6.000 dólares. No caso do arame, os materiais doados, utilizaranse para o correcto tutorado da plantación de uvilla. Esta acción ten como obxectivo o fortalecemento da capacidade de produción das asociacións produtoras de uvilla con enfoque de xénero e agroecología.