Continúan as capacitacións coas produtoras e produtores de Quisapincha (Ecuador)

Continúan as capacitacións coas produtoras e produtores de Quisapincha (Ecuador)

No marco do proxecto “Fomentando as iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, implementado por Fundación Humana Pueblo a Pueblo-Ecuador en cooperación con Fundación Mujeres e cofinanciado pola Xunta de Galicia, estanse socializando os terreos para a sementeira de uvilla, sendo estes inscritos e verificados como válidos para as actividades previstas.

Ao mesmo tempo, no mes de novembro iniciouse o proceso de consultoría para a formación en Boas Prácticas Agrícolas (BPA), para fortalecer os coñecementos das agricultoras e agricultores da parroquia baixo unha metodoloxía de formación por competencias co obxectivo de mellorar a súa autoestima, talento, coñecementos, destrezas, actitudes e capacidades baixo un enfoque teórico-práctico.

As capacitacións inclúen temas como as características morfológicas da uvilla, factores agroecológicos do cultivo, tecnoloxía do cultivo e os seus requirimentos, manexo técnico do cultivo, e prevención e control de pragas e enfermidades. De igual maneira, iniciáronse talleres para a elaboración do plan de negocio, co apoio dunha técnica especialista en desarrollo social e económico con enfoque de xénero que capacitará a 20 mulleres e 8 homes.

O proxecto tivo gran acollida na provincia, sumándose 50 novas produtoras e produtores que iniciaron o seu involucramiento nas actividades do proxecto participando na Feira Agroecológica Nai Terra “Xuntos campo e cidade, por unha alimentación sa e soberana”, que se realizou o 6 e 7 de novembro no Cantón Píllaro, Provincia de Tungurahua.

A feira serviu como oportunidade para que as agricultoras e agricultores participantes difundan op royecto e xeren posibles escenarios de colaboración para o cultivo e comercialización da uvilla. Na mesma participaron, ademais, organizacións campesiñas e sociais, a xentes da cooperación internacional e persoal académico que comparten e desenvolven accións ao redor da agroecología, comercio xusto e a soberanía alimentaria.

Continúan as capacitacións coas produtoras e produtores de Quisapincha (Ecuador)

Continúan as capacitacións coas produtoras e produtores de Quisapincha (Ecuador)