A través da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, a Deputación Provincial da Coruña nos brinda de novo a oportunidade de levar Cuidadanas ao medio rural.
O longo destes meses estamos levando a cabo a impartición dos talleres de activación persoal e social dirixidos ás coidadoras familiares de persoas dependentes nos concellos de Culleredo, Bergondo, Abegondo, Sada, Carral, Betanzos, Teixeiro e Ordes.
Simultaneamente as interesadas poderán acceder ao punto de acollida e atención individualizada, para recibir información e asesoramento acorde coas súas necesidades, dúbidas e demandas.