Os mapas de prevención de violencia contra as mulleres pretenden ser unha ferramenta na que se expoñan os perigos e riscos que as mulleres das comunidades viven día a día polo feito de ser mulleres. Neste instrumento preténdese recoller por unha banda a metodoloxía levada a cabo os resultados e conclusións.
Para a segunda anualidade do proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, está previsto o desenvolvemento de dous mapas de risco uno para o municipio de Concepción de Ataco e o outro para Sonsonate. As primeiras reunións de achegamento coas mulleres participantes no proceso de elaboración dos mapas (ou automapeo) co municipio de Sonsonate levarán a cabo entre xaneiro e marzo e as de Ataco entre abril e xuño.
A metodoloxía a empregar nestas reunións conta coa participación activa das mulleres das comunidades para a elaboración dos mapas. Ao tratarse dun tema de seguridade, no que as mulleres deben de expresar información comprometida, todo o traballo que realizamos debe de derivar dun vínculo de confianza coas participantes e garantir o anonimato.
Nese sentido as primeiras reunións e achegamentos teñen que fortalecer o vínculo xa existente entre o equipo técnico e as asociacións de mulleres coas que se vai a traballar. Sen este primeiro paso, a investigación pode caerse, o cal nos levaría a recompilar información afastada da realidade. Por iso, a preparación destas reunións é clave e indispensable.