A principios de novembro comezaron os obradoiros de educación para o desenvolvemento co alumnado de 2º da ESO do IES Rego de Trabe, ao abeiro do proxecto “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”, executado por Fundación Mujeres e cofinanciado pola Deputación da Coruña.
Os obradoiros contan con 4 sesións, nas 3 primeiras se traballan prexuízos e estereotipos, discriminación, autoestima e empoderamento a través dunha metodoloxía participativa e baseada na educación popular, que permite complexizar a realidade desde as súas vivencias e experiencias. A cuarta e última sesión dedicarase á construción de ferramentas ou accións para a campaña de incidencia e mobilización social posta en marcha desde Fundación Mujeres.
Como parte da metodoloxía empregamos as curtametraxes elaboradas por mozos e mozas extremeñas que participaron no proxecto “I+I: Igualdad e Interculturalidad. Claves de la Educación para el Desarrollo”, tras os procesos de reflexión e sensibilización que se produciron nos obradoiros nos que participaron. Co vídeo-fórum como estratexia de intervención no aula, buscamos construír os conceptos a través da observación, o debate e a reflexión para alcanzar aprendizaxes colectivas.