Comezamos un ano máis o Servizo de Atención Integral a Coidadoras do Medio Rural no Concello de Bergondo

Comezamos un ano máis o Servizo de Atención Integral a Coidadoras do Medio Rural no Concello de Bergondo

Comezamos una nova edición do Servizo de Atención Integral a Coidadoras do Medio Rural en Bergondo. Este ano estaremos durante sete semanas acompañado ás mulleres coidadoras non profesionais do concello de Bergondo, ofrecendo un programa de talleres diversos para traballar con elas cuestións como a saúde integral e o deterioro da mesma debido ás tarefas de coidados, a importancia da corresponsabilidade nos coidados de cara a mellorar o noso benestar e a manter unha autonomía nas nosas vidas, os vínculos afectivos e as relacións amorosas desde una perspectiva de xénero.

O martes día 8 de outubro tivemos a primeira sesión, á que asistiron un total de 9 usuarias. Os talleres prolongaranse até o vindeiro martes 19 de novembro.