O pasado mércores día 16 comezamos en Ortigueira o programa de atención e acompañamento a mulleres coidadoras non profesionais do medio rural. Desta volta, imos desenvolver un total de catro talleres coas mulleres partipantes, co obxectivo de aportar ferramentas para o seu empoderamento persoal e tamén para o seu desenvolvemento social.
Contaremos cos seguintes talleres:
– – “Como coidar a quen coida: Rumbo á miña vida”
– – “Mellorando as miñas Habilidades Socias”
– – “Xestión emocional: A arte das emocións”
– – “Historia do Feminismo: as mulleres da nosa vida”
Desta volta temos a 12 mulleres apuntadas para participar no programa, o que valoramos como unha moi boa participación.
Os talleres desenvolveranse ao longo de oito sesións que se prolongarán até o vindeiro mércores día 4 de decembro, no edificio de Servizos Sociais de Ortigueira.