Este ano contamos coa nova incorporación do concello de Melide no programa SAIC Rural da provincia de A Coruña.
Seguindo coa nova esteira de concellos apuntados durante este 2019 ao Servizo de Atención Integral a Coidadoras do Medio Rural, Melide incorpórase este ano para ofrecer, da man de Fundación Mujeres, este recurso ás mulleres coidadoras e ex coidadoras non profesionais do seu concello.
Nesta edición, contamos cunha programación de talleres diversos para ir coñecendo ás mulleres participantes, ofrecendo pautas para a promoción da súa saúde, habilidades comunicativas e sociais, ferramentas para a xestión dos conflitos e a asertividade e tamén contidos sobre corresponsabilidade e relacións afectivas.
Os talleres comezaron o pasado xoves día 19 no Edificio de Usos Múltiples de Melide, en horario de 10:30 a 12:30, e prolongaranse durante 7 semanas ata o vindeiro 31 de outubro.
Para esta nova iniciativa enchéronse tódalas prazas ofertadas e a asistencia está a ser total, polo que valoramos moi positivamente a colaboración co concello e o traballo dos Servizos Sociais na difusión do programa.