Comeza a formación en xénero para o persoal da PNC de Santa Ana (O Salvador)

Comeza a formación en xénero para o persoal da PNC de Santa Ana (O Salvador)

O pasado 12 de xullo deu comezo o proceso formativo en prevención de violencia e atención especializada a casos de VCM coa PNC de Santa Ana. Ese día reuniuse un grupo de axentes, mulleres e homes, da PNC na delegación de Santa Ana co fin de iniciar a primeira de seis sesións programadas para abordar temáticas relacionadas con xénero e masculinidades, co compromiso, ademais, de reproducir o aprendido aos seus compañeiros e compañeiras de traballo.

A esta primeira sesión asistiron un total de 16 persoas, 11 mulleres e 5 homes que participaron no desenvolvemento da xornada co fin de reflexionar ao redor das aprendizaxes sociais e culturais que limitan o desenvolvemento social, cultural, político e económico das mulleres.

Este proceso, dirixido por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres no marco do proxecto «Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador«, financiado pola Xunta de Galicia, ten por obxectivo a promoción de realidades máis xustas e equitativas, ademais de fomentar unha cultura de respecto  tanto a nivel interno como no momento de realizar intervencións cara á cidadanía.

Os principios básicos da teoría de xénero e masculinidades foron retomadas polas facilitadoras, quen socializaron os diferentes puntos de vista que abonaron para a destrución do modelo tradicional machista de ser home e muller dentro da PNC.