Conmemorando o Día do Libro, desde Cuidadanas adicouse una sesión a coñecer mellor todos os servizos e recursos que as bibliotecas municipais ofrecen á cidadanía. Enmarcada nos Espazos de Participación do Servizo de Apoio Integral ás Coidadoras, executado por Fundación Mujeres e financiado pola Conselleria de Política Social da Xunta de Galicia, esta actividade proporcionou información sobre o que as bibliotecas municipais representan sendo unha gran fonte de recursos e servizos esencias. Ademais do servizo de préstamo para casa dos libros do seu catálogo, nestas instalación pódese atopar moito máis como espazos para o estudo ou a lectura, préstamo de ordenadores ou o servizo de atención tecnolóxica. As máis pequenas e pequenos da casa tamén son protagonistas das actividades das bibliotecas, xa que na súa maioría teñen salas infantís onde pasar un rato e poder mergullarse no apaixonante mundo da lectura a través de conta contos que, actualmente e debido a pandemia, estanse a facer en streaming.
Aínda que as usuarias eran coñecedoras de moitas das ofertas das bibliotecas municipais agradeceron a información adicional que lles amosaron e recalcaron a importancia de poder contar con estes espazos e do persoal que nelas traballa, sinalando a labor tanto cultural como social que levan a cabo. O encontro dixital rematou coa intención dunha pronta visita presencial das usuarias á Biblioteca e co anhelo de faceres unha xuntanza que puidera dar lugar a un club de lectura.
Desde Fundación Mujeres queremos dar as grazas tanto as participantes como ó persoal da Biblioteca Municipal de Montealto pola súa colaboración nesta actividade.