O pasado mes de xullo deu inicio o proxecto, “Fomentando as iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e implementado por Fundación Humana Pobo a Puebo-Ecuador (HPP) e Fundación Mujeres en Ecuador.
Para asegurar a boa marcha do proxecto HPP-Ecuador desenvolveu, ao longo destes meses iniciais, varias estratexias tales como involucrar ás 200 produtoras na planificación do proxecto, mantendo diferentes reunións co equipo técnico e directivo da organización e elaborando, de maneira conxunta, un plan de arranque e un diario de campo, o cal será un factor importante de face á sustentabilidade do proxecto.
Outra das estratexias destacadas foi a elaboración dun plan de socialización para as agricultoras e outros actores relevantes do territorio, entre os que se encuentra a institución Corpoambato, con quen se iniciaron as conversacións para a firma dun convenio de colaboración. Entre os principais obxectivos de Corpoambato atópase o de “promover o crecemento e o desenvolvemento económico da cidade e a provincia mediante a participación activa e concertada de todos os actores sociais, en especial dos gobernos locais, empresas, universidades, dirixentes comunitarios e políticos” polo que a firma do convenio suporá un apoio ás beneficiarias para que, durante un período de tres anos, poidan aprender novas técnicas de cultivo, proporcionar comida sa e suficiente ás súas familias, obter ingresos mediante a venda de produtos no mercado e mellorar as súas condicións de vida desde unha perspectiva con enfoque de xénero.
Complementando estas accións, HPP-Ecuador asinou tamén un convenio coa Axencia Xaponesa de Cooperación (JICA), mediante o cal esta cedeu ao proxecto un voluntario técnico que apoiará nos procesos de comercialización e procura de mercados.
A finalidade de todas as organizacións involucradas é contribuír ao desenvolvemento socioeconómico da parroquia, polo que se seguen buscando sinerxías e colaboracións que beneficien aos sectores de poboación más vulnerables do país, como son neste caso as mulleres indíxenas Kichwas de Quisapincha.