Atención médico-xinecolóxica e consellería en saúde sexual e reprodutiva

Atención médico-xinecolóxica e consellería en saúde sexual e reprodutiva

Ao longo deste mes realizáronse 41 revisións e 11 seguimentos médico-xinecolóxicos. Esta acción, enmarcada nas accións do proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)», cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, permitiu que as mulleres poidan coñecer o seu estado de saúde sexual e reprodutiva, aprender a identificar os cambios que o corpo ten cando hai unha enfermidade de transmisión sexual, sensibilizarse sobre o uso de condóns e, principalmente, exercer o seu dereito á toma de decisións sobre os seus corpos, a súa saúde e a súa vida.

Para as mulleres das 10 comunidades rurais, obxecto do proxecto, foi moi importante emprender a súa viaxe ao coñecemento sobre a súa condición médica xinecolóxica, algunhas delas por primeira vez. As mulleres foron atendidas con calidade e calidez na Asociación Centro de Orientación Familiar e Educación Sexual  «XOCHILT ACALT».