Ao longo destes talleres, nos que traballamos o autocoidado, distintas técnicas de relaxación corporal e mental, a xestión da culpabilidade e como abordar o chantaxe emocional, as usuarias do Programa Cuidadanas quedaron moi contentas e agradecidas segundo recolle o xornal “La Voz de Galicia”.
O grupo de mulleres, no artigo peridístico tamén destacan a melloría da súa autoestima e reclaman a continuidade deste servizo ao longo de todo o ano porque lles está a servir de gran axuda.
A Fundación Mujeres co finanzamento da Deputación da Coruña, pon un ano máis a disposición de tódalas usuarias un repertorio de talleres nos que se traballan as distintas necesidades e carencias das mulleres coidadoras de persoas dependientes, e sobre todo, inténtase que estas mulleres recuperen as súas ilusións, obxectivos de vida e recobren as forzas para defender os seus dereitos e opinións.
Agradecer ao Concello de As Pontes a súa colaboración e confiamos con continuar co Proxecto o vindeiro ano.