As Cuidadanas asisten a unha xornada sobre o aforro de enerxía para a mellora do entorno.

As Cuidadanas asisten a unha xornada sobre o aforro de enerxía para a mellora do entorno.

O xoves 14 de novembro tivo lugar a xornada que organizou Fundación Mujeres xunto coa asociación ADICAE.

O obradoiro consistiu na toma de conciencia do aforro de enerxía que debemos afrontar nos nosos fogares se queremos obter un entorno máis sostible. Tamén para informar sobre outras formas de enerxía e un tipo de consumo máis sostible, facendo especial énfase no tipo de consumidora; na redución, reutilización e aproveitamento de produtos que se consumen nos fogares diariamente e na aplicación e utilidade de novas formas de enerxía para propiciar estes produtos.

As participantes quedaron moi satisfeitas de todo o aprendido e toda a información que lles foi impartida e o obradoiro converteuse nun espazo participativo e interactivo onde a persoa docente lles solucionaba as dúbidas que elas tiñan sobre os diferentes temas tratados.

Agradecer o Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Coruña pola cesión do espazo para desenvolver a actividade.