Este Servizo de continuidade, que Fundación Mujeres leva a cabo dende fai 9 anos co apoio financeiro da Deputación da Coruña, concíbese como un recurso de información, orientación e acompañamento para o empoderamento persoal e a activación social das mulleres que como consecuencia dos coidados teñen abandonado ou relegado a un segundo plano o seu proxecto vital. Unha nova edición do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio rural na que desta volta acompañaremos arredor de 120 mulleres coidadoras e ex coidadoras nos 13 concellos implicados, impartindo talleres sobre Hábitos Saudables, Corresponsabilidade, Habilidades Sociais e Comunicativas, Xestión do tempo e Relaxación, entre outros.
Como parte de este proceso de empoderamento e activación consensúase coas participantes un itinerario composto por acompañamento e participación en actividades grupais. A importancia destes obradoiros recae en que as usuarias melloren a súa autoestima, recuperen as súas metas de vida, xestionen positivamente as súas emocións e fomenten a corresponsabilidade das tarefas do fogar e dos coidados na súa contorna, conseguindo que estas accións empoderen e fortalezan a estas mulleres para afrontar con máis recursos o seu día a día.
Ademais, este ano contaremos ofreceraselles un taller de manexo e uso do móvil, a través da sinerxia creada co proxecto “Digitalizadas”, onde se brindarán conceptos básicos e os primeiros pasos na Internet e Redes Sociais.
Todas estas actividades terán carácter presencial, realizándose unha adaptación dos grupos, por mor da Covid-19, para o correcto desenvolvemento das actividades previstas grupais puidendo deste xeito, manter o contacto personalizado coas usuarias respetando a distancia de seguridade establecida pola normativa vixente, contar coas medidas de hixiene e prevención e facendo uso da mascarilla durante o desenvolvemento de todo o marco deste Servizo.
Dende a Fundación Mujeres estamos moi agradecidas pola implicación e colaboración do persoal Técnico dos distintos Concellos que facilitan enormemente a nosa labor.